Ecos da Comarca/Xeral
O primeiro aviso foi recibido a través das urxencias sanitarias.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 7:10 horas desta mañá, momento no que un particular viu a unha persoa flotando na fonte da praza de Salvador de Madariaga. O alertador xa indicou que a vítima parecía estar falecida.
Publicidade
Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Nacional e da Local. Os Bombeiros e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Coruña tamén recibiron a información.
Os servizos de emerxencias que se desprazaron ata o lugar confirmaron o que sinalara o primeiro alertador, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida á muller.
Comments