top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Atletismo Deza foi finalista no Campionato Galego Absoluto de probas combinadas

5ª posición masculina e 8ª feminina participando con rapaces de entre 14 e 16 anos


Ecos da Comarca/Deza

Durante toda a fin de semana xuntáronse en Ourense os oito mellores equipos masculinos e os oito mellores femininos, tras previa clasificación ao Campionato Galego Absoluto de probas combinadas. Trátase, sen dúbida, da disciplina máis completa e é un auténtico logro para Lalín ter representación en ambas categorías. Ademais, con equipos moi novos (entre 14 e 16 anos) para un campionato de categoría absoluta.


Os equipos estaban formados por tres integrantes, os cales facían entre cinco e sete probas cada un. Por parte de Deza participaron:

  • Equipo feminino: María Campos (1740pt e 14ª), Celia Vázquez (1598pt e 16ª) e Valeria Pájaro (finalmente non puido competir, pero sen a súa marca no se clasificaría o equipo).

  • Equipo masculino: Beltrán Rivas (3633 pt, campión sub16 e mínimas para o campionato de España en salto de altura, 60 metros vallas e exatlón (combinadas)), Breogán García (3231pt e 9º sub18) e Martiño Rivas (2567pt e 6º sub16).


Publicidade  

Con estes dous equipos o Atletismo Deza conseguiu unha quinta posición co equipo masculino e unha oitava co feminino. Dende o Club destacan que é un dos maiores logros deportivos do Atletismo Deza, sendo superados en chicos unicamente polos grandes equipos Celta de Vigo, Ximnástica de Pontevedra, Club Atletismo Sada e Xuncas Diversa.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Lembran que isto non podería ser posible sen os adestradores especialistas, que son Iago Pazos en lanzamentos e Pepe Domínguez en saltos. Ademais, tamén agradecen ás familias por inverter tempo en levar aos cativos.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page