É unha nova campaña na que premia a súa clientela
Ecos da Comarca/Silleda
Do 10 ao 30 de outubro a asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) pon en marcha a terceira edición da campaña “Sofá, Manta e Peli”, na que se sortearán varios premios.
Primeiro: Televisor de 50” + manta + suscrición a Netflix.
Segundo e terceiro: Bata + suscrición a Netflix.
Por cada 10 euros de compra mínima daráselle a cada cliente unha rifa para poder participar. As rifas deben estar seladas por cada establecemento, deben ser cubertas cos datos do cliente (nome e teléfono de contacto) e deben ser depositadas nas urnas habilitadas nos establecementos ECOS.
O martes 5 de novembro, a iso das 20:30 horas, terá lugar o sorteo en directo nas redes sociais da asociación. Sacaránse tres rifas, correspondentes os tres premios, comezando polo primeiro premio para que todas as rifas teñan opción de optar a él.
O mércores 6 de novembro terá lugar a entreaga de premios.
Publicidade
Con esta nova campaña ECOS completa un período de promoción do consumo no comercio local que arrancou o 20 de setembro e rematará o 30 de outubro. Con isto darase paso á gran campaña de Nadal, na que a directiva xa está a traballar, e coa que pechará un ano repleto de actividades, formacións, campañas e agasallos que premian a fidelidade ao pequeno comercio local asociado.
Opmerkingen