Ecos da Comarca/Deza O BNG considera que "as declaración de Román Rodríguez respecto da visita da candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, son impropias dun conselleiro de
Educación e Cultura". “Nin rastro dunha nin da outra”, asegura a candidata do BNG pola comarca do Deza e A Estrada, Ariadna Fernández. "Só denotan o nerviosismo do PP ao quedar en evidencia a inutilidade dos 13 deputados que o PPdG ten en Madrid fronte a un só do BNG".
A nacionalista “agradece as preguntas que formula Román Rodríguez “mais tamén lle lanza unas preguntas. Que fan os 13 deputados galegos que o PP ten en Madrid en beneficio dos galegos e galegas? Que balance histórico poden presentar ante a ciudadanía galega?".
Publicidade
A visita, sinalan os nacionalistas, "da futura presidenta da Xunta de Galiza á nosa comarca, concretamente a Lalín, parece que lle causou proído ao PP a xulgar polas declaración totalmente fóra de ton de Román Rguez". “Por moito que lle pique, neste caso quen mente, quen non se entera de que vai isto é o PP, non o BNG”, asegura Ariadna Fernández.
En resposta á súa pregunta de onde están as rebaixas, Fernández asegura que “debe ser o único que descoñece que as rebaixas serán efectivas cando se aproben os orzamentos do estado, previsiblemente no primeiro trimestre deste ano”. E deixa claro que “a súa ignorancia nesta materia non é responsabilidade do BNG”.
Publicidade
A candidata comarcal do BNG ao parlamento galego asegura que “tanto eu como e todos os compañeiros e compañeiras do BNG estamos sorprendidos ao ver a Román Rodríguez acusándonos de rirnos da xente e de mentir”. "Ten que doerlles moito que o BNG, cun só deputado en Madrid conseguira esta importante mellora para a nosa comarca, sendo
coñecedores de que o PP de Román Rodríguez ten alá na capital 13 deputados, que evidentemente agardan que lles pasen por diante as oportunidades para Galiza de brazos cruzados sentados no congreso. Mais non é só iso. O Partido Popular gobernou en Madrid cun presidente galego, que lle virou as cóstas durante anos á súa terra, tendo aquí un aliado de goberno como foi o señor Feijóo".
Publicidade
A candidata nacionalista pregúntase "se non é burlarse dos galegos e galegas e da nosa comarca ter a oportunidade de facer todo e non mover unha palla polos veciños e veciñas?".
"É ben certo que Román, ao puro estilo PP arremeda as súas maneiras, baseadas en palabras baleiras e promesas que nunca chegan. Alédense señores e señoras do Partido Popular, a autoestrada será asequible para os e as usuarias e o BNG, tanto en Galiza coma en Madrid seguirá traballando arreo e de xeito incansable, para que a política chegue aos fogares e sexa beneficiosa para todas e todos os galegos, porque cremos nunha politica diferente".
留言