IsmaelRS/Xeral
Hoxe mércores, Galicia mantense na influencia das altas presións aínda que unha fronte pouco activa irase achegando polo noroeste co avance da xornada. Así, comezaremos o día cos ceos despexados e brétemas costeiras na franxa atlántica. A partir do mediodía irán entrando as nubes baixas con chuvascos máis probables no norte das provincias da Coruña e Lugo. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento será frouxo de compoñente sur pola mañá e co avance do día e a chegada da fronte virará ata quedar de compoñente norte á noite, tal e como comenta MeteoGalicia.
Comments