top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arzúa recibe mañá a visita do Reis Magos con distintos actos

Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a esperada Cabalgata de Reis, dentro da programación de Nadal, celebrarase este domingo, día 5 de xaneiro, cun programa de actos que se desenvolverá durante toda a tarde. Os Reis Magos e a súa comitiva chegarán a Arzúa ás 16:30 horas para comezar a súa estadía neste municipio facendo unha visita ás persoas maiores da Residencia San Xosé.

Debido ao mal tempo, finalmente, tal e como informou hoxe o Concello, non terá lugar o desfile que esta estaba previsto e que ía contar con tres carrozas para os Reis e os seus paxes. Os Magos de Oriente serán recibidos a partir das 17:30 horas no Multiusos Terra do Queixo coa recepción e o reparto de agasallos. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua. Paralelamente, o Multiusos Terra do Queixo, lugar onde se desenvolverá a recepción a todas as nenas e nenos, contará con diversas actividades e obradoiros de balde de 17:30 a 20:30 horas.


Publicidade  


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza “a participar na Cabalgata e a vivir unha xornada cargada de ilusión na que especialmente a concellaría que dirixo invirte moito esforzo e moitos recursos coidando cada detalle para que sexa unha tarde máxica que quede para o recordo”.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page