Ecos da Comarca/Arzúa
O Departamento de Cultura estrea unha nova programación para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno que pretende ser un lugar de encontro para as noitiñas de inverno con cine, música, literatura e actividades nas parroquias, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades.
Publicidade
Esta inédita programación no noso municipio, contará este venres, 17 de xaneiro, cunha sesión de cine clásico coa proxección de La gata sobre el tejado de zinc na Casa de Correos ás 20:30 h. Haberá presentación do filme a cargo dun experto en cinema e degustación de chocolate quente e doces variados. Será necesaria inscrición previa no teléfono 981 500 222 ou no correo cultura@concellodarzua.com dende mañá martes día 14. Cada persoa poderá reservar a un máximo 4 prazas, sendo as mesmas limitadas.
A cinta, do ano 1958, conta con Elizabeth Taylor e Paul Newman no reparto e narra como a inminente morte do ancián patriarca dunha acomodada familia crea unha gran tensión ambiental.
O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a participar nestes encontros pensados para que a veciñanza comparta a través da cultura experiencias e tempo de socialización durante os, moitas veces, apáticos días de inverno”.
Comentários