Laura Moure/IsmaelRS/Arzúa
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. Comparación con respecto as de 2019
Despois dos resultados electorais de onte, hoxe botamos a vista atrás aos comicios municipais de 2019 e facemos unha comparativa con respecto aos resultados deste 2023. Esta é a comparación de ARZÚA.
En Arzúa gañou o PP, pero non obtivo a maioría absoluta, polo que pode haber unha unión das outras forzas como pasou neste pasado mandato. Teremos que agardar aos vindeiros días para saber a decisión.
Outros datos de interese deste 28M en Arzúa:
3.549 votos en total
65 foron nulos
37 en blanco
No caso de Arzúa optaban a Alcaldía estas catro candidaturas: Alternativa por Arzúa, PSOE, PP e BNG. O ano pasado tamén se presentara Compromiso por Galicia. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/catro-candidaturas-optan-a-ganar-a-alcald%C3%ADa-de-arz%C3%BAa
NOTICIA RELACIONADA:
Anuncio dos resultados de Arzúa do 28M: https://www.ecosdacomarca.com/post/resultados-das-elecci%C3%B3ns-en-arz%C3%BAa
Comments