top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arrancou o programa Silleda Activa coa Musicoterapia Xerontolóxica

A alcaldesa e a concelleira de Benestar Social deron a benvida aos primeiros participantes desta actividade que fomenta o benestar emocional e mental dos maiores


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda abriu onte o seu programa Silleda Activa, unha iniciativa que promove un estilo de vida saudable e activo entre as persoas maiores de 65 anos e pensionistas do municipio. Este luns 2 de setembro, a alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, deron a benvida aos primeiros grupos que participaron nas sesións de Musicoterapia Xerontolóxica, actividade coa que se inaugura o calendario deste programa.

As sesións de Musicoterapia, que están dirixidas a mellorar o benestar emocional e mental dos participantes a través da música, contan con dúas quendas de 20 e 25 persoas, respectivamente. A Musicoterapia Xerontolóxica forma parte dun conxunto de seis actividades que compoñen o programa Silleda Activa, deseñado para fortalecer tanto o aspecto físico como a estimulación mental dos participantes.


As sesións terán lugar os luns e mércores en Silleda, e os martes e xoves na Bandeira, cun custo mensual de 22 euros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este programa tamén inclúe outras actividades como ximnasia de mantemento, pilates, ioga en silla e obradoiros de memoria e estimulación cognitiva. Todas elas foron pensadas para adaptarse ás necesidades das persoas maiores do concello e proporcionarlles unha oferta variada e accesible que lles permita mellorar a súa calidade de vida.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page