Comezará este xoves 12 de decembro e rematará o martes 17 de decembro
Laura Moure/Arzúa
O alumnado dos ciclos medio e superior da familia de comercio e márketing do centro de
formación profesional EFA Piñeiral poñen en marcha esta semana unha recollida de alimentos non perecedoiros que serán destinados integramente a Cáritas Arzúa. A recollida da campaña “Compartindo o Nadal” terá lugar nos centros educativos IES
Arzúa, EFA Piñeiral e nas propias dependencias do Concello de Arzúa, dende o xoves día
12 ata o martes día 17, agás na fin de semana, no horario de apertura correspondente a
cada entidade colaboradora.
“Este Nadal ningún fogar sen un bo xantar”, é o lema que lle da nome á acción solidaria
e co que se busca que os veciños e familias desfavorecidos da comarca de Arzúa teñan
máis recursos nestas datas.
Esta iniciativa nace como unha resposta do alumnado ás necesidades detectadas en
colectividades desfavorecidas, ademais de supoñer unha oportunidade para aplicar os
coñecementos adquiridos nos ciclos formativos en materia de eventos, almacenamento,
atención ao cliente, deseño, loxística…
Publicidade
“A nosa misión como centro educativo e a formación integral do alumnado, proxectos coma este permítennos traballar valores, fomentar a empatía pero tamen adquirir e poñer en práctica coñecementos e, é fín, formar líderes con sensibilidade e impacto no territorio. De aí a importancia de que estas iniciativas sexan promovidas polos propios alumnos e conten co máximo apoio do centro” declara Raquel Carregal directora da EFA Piñeiral.
O alumnado da EFA Piñeiral comezou cos proxectos de voluntariado con impacto na
comarca de Arzúa o pasado ano. Na recollida solidaria do 2023 recaudáronse 385 kilos de
comida na campaña combinada entre o centro arzuá e a EFA Fonteboa (Coristanco).
Comments