top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arranca a campaña "Arzúa é de todas e todos" cunha 1ª acción centrada na regulación do estacionamento

Durante os vindeiros 15 días, o Concello informará e advertirá a estas persoas condutoras sobre as consecuencias de non respectar as normas


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa inicia a campaña “Arzúa é de todas e todos”, coa que busca fomentar bos hábitos de convivencia entre a veciñanza e concienciar sobre a importancia de coidar os espazos públicos. Esta campaña, que se prolongará durante os vindeiros meses, arrancará concienciando sobre a importancia do bo estacionamento, co obxectivo de garantir o respecto polo espazo público e promover unha Arzúa máis accesible, ben organizada e segura para toda a veciñanza.

Como primeira acción concreta, o Concello de Arzúa porá en marcha, en colaboración coa Policía Local, unha campaña informativa dirixida ás persoas condutoras que estacionen os seus vehículos en zonas non habilitadas ou que obstaculicen o paso de peóns polas beirarúas. Durante os vindeiros 15 días, o Concello informará e advertirá a estas persoas condutoras sobre as consecuencias de non respectar as normas. A partir de setembro, a Policía Local comezará a sancionar aquelas infraccións que non se corrixan, co obxectivo de garantir unha mellor convivencia e respecto polo espazo público.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"A nosa meta é que Arzúa sexa un lugar onde camiñar polas beirarúas e non unha carreira de obstáculos. Queremos unha Arzúa máis amable e respectuosa coas persoas, e para isto é fundamental que os vehículos ocupen exclusivamente o espazo que lles corresponde," subliña o alcalde, Xoán Xesús Carril.


A campaña “Arzúa é de todas e todos” incluirá ademais a difusión de varios audiovisuais en redes sociais. Estes vídeos, que se lanzarán durante as próximas semanas e abordarán diferentes problemáticas municipais, estarán acompañados de diferentes accións simbólicas que reforzarán a mensaxe de convivencia e respecto polo espazo común, involucrando activamente á veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xoán Xesús Carril pechou a súa intervención cunha mensaxe clara: "Arzúa é de todas e todos. Arzúa tamén é túa. Coidémola!" Unha invitación á responsabilidade de todos e todas para facer de Arzúa un lugar máis agradable para vivir.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page