top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arde por completo unha granxa a punto de estrearse

Ecos da Comarca/Xeral

Arde por completo unha granxa a piques de estrearse, tal e como informa o 112 Galicia. As instalacións estaban baleiras a unhas horas da súa posta en funcionamento. Deste xeito, ningún animal sufriu danos e tampouco ningún traballador, xa que agardaban a que arrancase a actividade nas próximas horas.

Iso si, segundo explicou o dono da nave a través do 112 Galicia, debido a previsión da posta en funcionamento de forma inminente, activaron o sistema da calefacción. De momento, descoñecen se este feito foi determinante, pero o certo é que a nave encheuse de fume sen poder identificar a orixe.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A primeira hora da mañá aínda continuaban traballando na zona, os membros do GES de Celanova que indicaron que o incendio estaba case controlado e avanzaban na refrixeración. Igualmente, destacaron que había moita palla dentro da nave, un perfecto combustible para o incendio.


Ademais dos efectivos de emerxencias, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page