Participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo
Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla deu a coñecer este domingo os gañadoares do Concurso de Poesía de Nadal 2024. Os premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.
En categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio é para Alessia Rodríguez; o segundo para Samantha Flores, e o terceiro para Mía Seijas. Hai dous accésits para Thiago Rodríguez e Julián Castro.
Publicidade
Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Manuel Coucheiro; Mateo Alba foi segundo, e o terceiro premio foi para Xiana Vázquez. Accésit para Saúl Yagüe e Irea Magdaleno.
Publicidade
En categoría C (de 12 a 16 anos) o primeiro premio é para Adriana Vázquez; o segundo para Daniela Pedrosa, e o terceiro para Hugo Conde. Hai un accésit para Pablo Coucheiro e Iker Josenge.
תגובות