top of page

Altercado con feriantes nas festas de Lalín onde se produciron agresións

Este ano non puideron montar as atraccións porque non chegaron a un acordo co Concello


Ecos da Comarca/Lalín

Captura do vídeo do altercado publicado por Lalinense Enfurecida.

Lalín celebra dende o venres ata hoxe, martes, as súas festas patronais na honra á Virxe das Dores. Pero estes festexos están marcados pola polémica ante a falta de atraccións porque no último momento o Concello e os feriantes non chegaron a un acordo e tiveron que abandonar a localidade na víspera quedando sen atraccións. Isto provocou as protestas de moitos veciños e veciñas. Para mitigar isto, o Concello decidiu organizar o Día do Neno con distintas actividades e inchables o domingo e o luns, pero onte cando os cativos estaban desfrutando presentáronse no lugar un grupo de feriantes e agrediron a algunhas persoas.



Aquí o vídeo que publica o perfil de Facebook: Lalinense Enfurecida acompañado do seguinte texto:

"Lalín ciudad sin ley. Cada día da máis medo saír á rúa. Aquí tedes, o día da Festa, cando máis rapaciñas pequenas hai nas prazas, feirantes con navallas, atacando os nosos veciños e veciñas. Está Vila cada paso máis insegura. Que non traían feirantes nunca máis, hai xente de aquí que pode montar ocio san e alternativo, tendes o exemplo da Algarabia",indica a Lalinense Enfurecida con seguinte vídeo.

Vídeo: Autoría: Lalinense Enfurecida


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Entre os agredidos está por exemplo un traballador municipal e unha traballadora da empresa dos inchables contratada para o Día do Neno. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e da Garda Civil. Varias familias lamentaron a situación e confesaron que pasaran medo e moitas abandonaron o lugar inmediatamente.


Comunicado do alcalde, José Crespo.

"Quero transmitir o meu agarimo ás familias de Lalín e, especialmente aos cativiños, que tiveron que presenciar os lamentables feitos protagonizados por un grupo de desaprensivos que non representan a ninguén e que, de ningunha forma, se pode xustificar o seu proceder. Nin os cativos, nin as familias poden ser, de xeito directo ou indirecto, o canalizador do seu malestar ou das súas reivindicacións.
O meu apoio ao equipo da empresa Tikolandia que durante dous días estiveron a traballar de xeito intenso e sempre cun sorriso na boca para facer desfrutar aos nenos que asistiron á Festa das Dores e, especialmente, ao lalinense Alfredo, o seu dono, que nos axudou a que os cativos lalinenses tivesen tamén as súas festas.
O meu agarimo para os traballadores que resultaron agredidos polo único motivo de estar a realizar o seu traballo e de estar coidando dos nenos que estaban a disfrutar das instalacións de ocio.
Nos vindeiros días faremos unha análise pública do ocorrido, unha vez contemos con todos os detalles, dispoñamos de toda a información e rematen as festas.
Hoxe só quero dicir que en Lalín non imos permitir que se utilice a violencia nin a coacción contra veciños, traballadores, empresas, técnicos municipais e políticos e que episodios como o ocorrido na tarde do luns atoparán a resposta máis enérxica por parte do goberno e da Corporación municipal.
Grazas á Polícia Local e á Garda Civil que se encargaron de reconducir a situación e de levantar atestado duns feitos que considero gravísimos e que non imos permitir que queden impunes".

NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page