top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Alertan sobre "datos falsos da mina de Touro en relación ás fincas que quere expropiar"

Crean un xeovisor para consultar as parcelas afectadas polo proxecto en Touro, O Pino, Vila de Cruces e Arzúa


Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

Desde a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non ven de solicitarse a suspensión do período de exposición pública "mentres non se rectifiquen os erros masivos na listaxe de bens afectados polo proxecto en exposición pública e que proporcionou a propia empresa

Cobre San Rafael para poder levar a cabo expropiación forzosa".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O colectivo denuncia "a falta de rigor e veracidade das superficies de moitos dos terreos

que se pretenden expropiar figurando pragados de grandes erros e omisións, o que xera

indefensión ás propietarias afectadas. Entre os casos detectados chaman a atención

parcelas que figuran con apenas 13 metros de superficie e que teñen máis de 10.000, ou

outras que figuran de propiedade descoñecida cando os seus datos constan

correctamente no catastro".


Desde o de grupo de asesoramento para a Defensa do Territorio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, en colaboración coa Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non,

realizouse unha recompilación dos datos dos bens que figuran na exposición pública do

proxecto da mina para facilitar o acceso á información pública.

O resultado envorcouse nun xeovisor de acceso aberto sobre as afectacións do proxecto

mineiro nos concellos de Touro, O Pino, Vila de Cruces e Arzúa, ademais de recoller

diversos enlaces a recursos, mapas, información, planos por parroquias dos bens

afectados pola mina e a liña de alta tensión, listaxes de bens afectados co enlace á

referencia catastral, enlaces a alegacións e información dispoñibles nas redes da

plataforma contra a mina. Esta información pode consultarse na web

https://afectacionsminaopinotouro.geograffiti.xyz/. Esta ferramenta facilitou á Plataforma

veciñal a detección dos erros mencionados.


A Plataforma recomenda a todas as persoas que poidan estar afectadas por estes erros ou omisións que realicen a correspondente reclamación dirixida á Delegación provincial de minas en A Coruña para que volvan publicar a relación de terreos afectados unha vez teñan contrastada a información e dispoñan dos datos correctos, tendo por tanto que realizarse unha corrección de erros a través do DOGA e coa conseguinte nova apertura de prazos para presentar alegacións.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page