top of page

Alba Forno denuncia "o estado de abandono e degradación da parte superior do parking Europa"

Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista de Lalín, Alba Forno, denunciou onte o lamentable estado de abandono no que se atopa a parte superior do parking Europa, "un espazo que debera ser un punto de encontro para a vida social e comunitaria de Lalín e que se converteu nun foco de suciedade, deterioro e absoluta deixadez por parte do goberno do PP".

“É vergonzoso que unha zona céntrica, que debería ser aproveitada para o desfrute das

veciñas e veciños, dea a sensación de estar nun barrio abandonado”, afirmou Forno. “Suciedade, grafitis, mobiliario roto, pedras soltas, valados tirados desde hai meses, cabichas, cristais… Todo iso nun espazo onde xogan nenos e se practican deportes. Dá

medo pasar por alí.”


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A socialista puxo tamén o foco na perda de dinamismo e vida que está a sufrir esta zona por culpa da inacción do actual executivo local: “O anterior goberno de coalición recuperou o uso do parking para toda a cidadanía e acondicionou a parte superior con zonas deportivas e un parque que revitalizaron a zona. Hoxe todo aquilo está abandonado e esnaquizado, sen mantemento nin limpeza, co skatepark inutilizable, a pista de fútbol

completamente deteriorada e sen ningunha actuación por parte do PP.”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Forno advertiu de que esta situación “non só dá unha imaxe pésima do centro da vila, senón que evidencia a incapacidade do goberno do PP para atender as necesidades máis

básicas da veciñanza”. A concelleira socialista reclama unha intervención inmediata de limpeza, reparación e mantemento para que "esta zona volva ser un espazo digno, seguro e humanizado, á altura do que merece Lalín e a súa xente".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page