top of page

Agolada mellorará a eficiencia enerxética do Consistorio grazas a unha achega da Xunta

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A administración autonómica concederalle preto de 120.000 euros para esta actuación


Laura Moure/Agolada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este venres o concello de Agolada con motivo das obras de rehabilitación e mellora enerxética que se van levar a cabo na Casa do Concello e que serán posibles grazas a unha achega da Xunta de preto de 120.000 euros.


Así, o concello espera actuar sobre tres categorías principais a fin de diminuír o gasto enerxético. Por un lado, mellorarase a envolvente térmica do edificio mediante a colocación de trasdosado autoportante e a instalación de novas ventás de aluminio lacado

e dúas follas que permitirán mellorar o illamento da Casa do Concello.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outro lado, melloraranse os sistemas de calefacción e climatización, ao substituír a actual caldeira de gasóleo por un sistema de bomba de calor mediante un equipo de

aerotermia de alto rendemento.


Por último, o proxecto contempla a instalación dun novo sistema de iluminación eficiente, substituíndo as luminarias actuais por unhas LED de baixo consumo.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar a importancia de apostar por “edificios máis eficientes enerxeticamente, non só para diminuír os gastos correntes dos

concellos, senón tamén para paliar a súa pegada de carbono”. Cabe destacar que esta subvención encádrase na Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027, que ten como obxectivo contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación dos efectos do cambio climático. Na área territorial de Pontevedra beneficiáronse desta liña de axudas oito concellos por valor de máis de 856.000 euros.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page