Está enmarcada no ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano
Ecos da Comarca/Agolada
A actriz Isabel Risco protagonizará este venres 10 de novembro no auditorio municipal de Agolada a función Nabiza girl, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 19:00 horas e a entrada será libre ata completar a capacidade.
Publicidade
Dirixido e protagonizado pola actriz Isabel Risco, este espectáculo de narración para público adulto amosa a historia de Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que, como ela asegura, “proveñen do sulfato de cobre”.
Publicidade
Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.
Comments