top of page

Adxudicado a Taboada y Ramos a mellora viaria nos lugares de Toxa, Toiriz e Costela en Silleda

A actuación, por máis de 200.000 euros,é a primeira do programa de mellora viaria no que se investirán máis de 1, 7 millóns de euros nun total de 10 parroquias do municipio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de rematar o proceso de contratación das obras de mellora viaria nos lugares de Toiriz, Toxa e Costela, lugar este último da parroquia de Margaride, ao que se presentaron dúas ofertas. Este será o primeiro dos proxectos do plan de mellora integral de vías que se materializará este ano con cargo ao préstamo por valor de 1.750.000 euros, - con cargo aos remanentes municipais- froito do acordo de toda a Corporación Municipal. A empresa Taboada y Ramos resultou adxudicataria da actuación por un total de 204. 294,65 euros, incluindo melloras na sinalización e relativas tamén ao

mobiliario urbano.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

A día de hoxe xa se iniciaron tamén os trámites para a contratación doutros proxectos de mellora viaria ao abeiro deste Plan, mediante procedemento aberto simplificado.  As actuacións chegarán tamén ás parroquias de Chapa, Rellas, Xestoso, Cira, Piñeiro, Ponte, Abades, Dornelas e Manduas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En Toiriz arranxarase tanto o vial vertebrador, que conecta dúas vías provinciais como os accesos a todas as vivendas, nalgún caso en tramos de formigón, dadas as características e dimensións dos mesmos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este primeiro proxecto inclúe tamén o núcleo silledense de Toxa e o lugar de Costela, na parroquia de Margaride. “Con estas actuacións atenderemos ás demandas que nos plantexou a veciñanza nas distintas reunións mantidas no seu día”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page