Accidente entre dous vehículos en Castrofeito, O Pino
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
O municipio do Pino rexistrou hoxe, luns, un accidente de tráfico. No mesmo víronse implicados dous vehículos e ao menos, unha persoa resultou ferida.

O 112 Galicia recibiu aviso ás 16:21 horas. "Chamounos un particular dicíndonos que acababa de ter un accidente. No mesmo víronse afectados dous coches e unha persoa queixábase de dor no peito", indica o 112 Galicia.
Publicidade
Publicidade
O suceso ocorreu en Castrofeito. E non transcenderon máis datos como puntualiza o 112.
Comments