top of page
Foto del escritorLaura Moure

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos dixitais de Arzúa

Levaranse a cabo entre finais de xaneiro e marzo e está dirixido a mozos de 9 a 17 anos


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, organiza o Campamento Dixital, unha iniciativa dirixida a nenos, nenas e adolescentes de entre 9 e 17 anos. O obxectivo do programa é ofrecer unha formación de calidade en competencias dixitais, clave para o desenvolvemento persoal e académico na sociedade actual.

O programa está dividido en dúas aulas, adaptadas a diferentes grupos de idade:

Aula 1: (de 9 a 13 anos) Datas: Do 28 de xaneiro ao 25 de marzo de 2025. Horario: Martes e xoves, de 16:00 a 18:00 horas.

Aula 2: (de 14 a 17 anos)Datas: Do 29 de xaneiro ao 26 de marzo de 2025. Horario: Mércores e venres, de 16:00 a 18:00 hora.

Importante: A semana do 3 ao 7 de marzo non se realizarán sesións debido á celebración do Entroido.

As actividades desenvolveranse de forma presencial no CEMIT de Arzúa, situado na Rúa Lugo, nº 45, 15810, Arzúa, A Coruña.


Publicidade  

Obxectivo do programa

O Campamento Dixital busca potenciar as habilidades dixitais da xuventude mediante: Formación adaptada ás necesidades de cada grupo de idade.Un enfoque educativo baseado en actividades interactivas e retos prácticos. A promoción do uso responsable e eficaz das tecnoloxías da información e comunicación.


Inscricións

Para formalizar a inscrición, é necesario enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo comunicacion.alcaldia@concellodearzua.com co seguinte: Nome completo e apelidos da persoa participante. Data de nacemento do neno ou nena.Datos de contacto da persoa titora legal.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta iniciativa enmárcase no Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.Construíndo un futuro dixital O Concello de Arzúa reafirma o seu compromiso coa formación e o benestar da mocidade a través de iniciativas que contribúan ao seu desenvolvemento tecnolóxico, académico e persoal. Este campamento é unha oportunidade para aprender, mellorar competencias e prepararse para os retos do futuro.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page