top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta realizará probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

Será esta semana e das comarcas afecta aos concellos de Arzúa, Touro, Silleda e Cruces


Laura Moure/Xeral

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 25 e 26 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia, entre elas algunhas nas comarcas de Arzúa e Deza. Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia. Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 9:00 horas do día 25 augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón. A partir desa hora as probas desenvolveranse ata as 16:30 horas, rematando na presa do Con, en Vilagarcía de Arousa. Ao día seguinte, o mércores 26, retomaranse as probas ás 9:00 horas na presa de Vilagudín, en Tordoia, e rematarán ás 13:00 horas na de Velle, en Ourense.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.


Nas comarcas afectarán a:


  • O día 26 ás 11 horas no encoro de Portodemouros en Vila de Cruces e Arzúa (Naturgy)

  • O día 26 ás 11:30 horas na presa de Brandariz en Touro e Vila de Cruces.

  • O día 26 ás 10:00 horas na PEP Touro nos concellos de Touro, Vila de Cruces e Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page