top of page

A Xunta reactiva desde hoxe os permisos para levar a cabo queimas agrícolas

Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta reactiva desde hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na comunidade galega, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012.

En concreto, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.


Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles

tamén ao respecto, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias

indicadas e poder continuar co proceso de comunicación. Nesa liña, cómpre lembrar que a comunicación debe efectuarse con dous días de antelación.


A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar

queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre

contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da

Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de

prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días

laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días

que hai vento e altas temperaturas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page