top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Xunta prohibe dende mañá, venres 22, as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a

partir de mañá


Ecos da Comarca/Xeral

A partir de mañá, venres 22 de marzo quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que xecuta o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste venres.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez

analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas

relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio

rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas

cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que

extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña

coñecemento, dado que desde este venres e ata novo aviso non está permitido o uso do

lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería

lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que

deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page