top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta inviste preto de 120.000 euros en melloras viarias do parque empresarial Área 33 de Silleda

Na comarca de Deza-Tabeirós tamén se beneficiaron os polígonos de Lalín e Cruces


Laura Moure/Silleda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o Polígono Industrial Área 33, no concello de Silleda, con motivo das axudas da Xunta encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos. Acompañado pola directora territorial de Economía e Industria, Beatriz López, e pola alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e outros membros da corporación municipal, o delegado comprobou o avance das obras de mellora de varias infraestruturas viarias do polígono, que permitirán asfaltar unha nova capa de rodadura e repintar as marcas viais.

Trátase dunha das 13 actuacións que se levarán a cabo na provincia de Pontevedra a través desta liña de axudas e que, no caso de Silleda, conta cun financiamento da Xunta de preto de 120.000 euros.


Na comarca de Deza-Tabeirós, ademais da xa nomeada actuación no Polígono Área 33, as axudas tamén permitirán mellorar as infraestruturas viarias do parque empresarial Lalín 2000, en Lalín, e a substitución parcial dos colectores con verteduras á depuradora municipal de Vila de Cruces. Estas actuacións contan cunha achega autonómica de 78.898 euros e 120.000 euros respectivamente.


Publicidade

Cabe destacar que, en total, esta liña de axudas deixará preto de 800.000 euros na provincia. Neste sentido, Agustín Reguera quixo poñer en valor a “importancia de seguir

colaborando desde as institucións co tecido empresarial galego, non só a través de axudas específicas para cada sector, senón tamén mellorando as infraestruturas para que as empresas poidan desenvolver as súas actividades de forma máis eficiente e cómoda”.


Publicidade

O delegado territorial aproveitou para lembrar o importante papel que ten esta comarca nos orzamentos da Xunta para o 2025: “Os orzamentos contemplan varias actuación importantes que van repercutir directamente a favor do empresariado desta comarca”,

asegurou o Reguera facendo referencia a partidas como 4,4 millóns de euros orzamentados para a ampliación do polígono Lalín 2000, ou á aposta pola Autovía AG-59,

que conta cunha achega de máis de 23 millóns de euros.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page