As charlas divídense en tres bloques formativos, centrados na xestión das explotacións
a través da optimización fiscal e a formación económica
Laura Moure/Lalín
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organizou estes días dúas novas xornadas formativas para gandeiros, centradas na xestión das súas explotacións a través da optimización fiscal e a formación económica. O primeiro destes módulos, tamén enmarcado nas actividades sectoriais da Consellería do Medio Rural, tivo lugar onte no edificio polivalente do concello de Lalín e o segundo está a celebrarse ao longo do día de hoxe no edificio multiusos da localidade coruñesa de Santa Comba.
Ambas as dúas charlas dividíronse en horario de mañá e tarde para poder abordar os tres
bloques formativos cos que conta o módulo, vinculados á mellora da xestión das
explotacións. O primeiro deles versa sobre tributación básica e optimización fiscal.
Participar neste módulo permitiralle aos alumnos coñecer as diferentes formas que teñen
ao seu dispor para emprender e desenvolver a súa actividade gandeira a través das súas
vantaxes e inconvenientes e a súa fiscalidade. Tamén, identificar medidas ou incentivos
que facilitarán a súa optimización.
Publicidade
O segundo bloque céntrase na contabilidade para non financeiros e facilitará formación
para comprender conceptos básicos que favorezan a súa toma de decisións e o deseño de estratexias relacionadas coa súa explotación gandeira. Tamén permitirá aos participantes ler os estados financeiros básicos (balance de situación e conta de resultados) e entender a súa relevancia para xestionar a súa actividade de modo dilixente.
Así mesmo, poderán implantar ferramentas financeiras básicas que lles ofrezan información sobre a rendibilidade, liquidez e solvencia do seu negocio.
Publicidade
Por último, o terceiro módulo formativo, titulado “xestionar de modo eficiente” terá por
obxecto darlles a coñecer aos asistentes ferramentas informáticas que faciliten a xestión
diaria do seu negocio. Tamén lles permitirá deseñar un sistema de indicadores e gráficos
(cadro de mando) cos que obter unha visión xeral, obxectiva e en tempo real da súa
explotación, que lles axudará na súa toma de decisións ao instante.
Comments