top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta declara cinco novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica, un deles en Vila de Cruces

Laura Moure/Vila de Cruces

A Xunta declara cinco novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, entre eles un na comarca de Deza. En concreto, un na provincia de Ourense, no concello da Mezquita (comarca veterinaria da Gudiña); tres na provincia de Lugo, nos concellos de Guitiriz (Terra Cha Guitiriz), A Pastoriza (Terra Cha Castro) e Taboada (Chantada); e o primeiro foco na provincia de Pontevedra, no concello de Vila de Cruces (Deza). Agás no caso da explotación de Guitiriz, con catro bovinos afectados, no resto de casos só un animal do total dos bovinos presentes na explotación presentaba sintomatoloxía compatible con esta enfermidade.

Nos 13 focos notificados por Galicia ata a data, noutras tantas comarcas veterinarias da nosa comunidade, ata o de agora tense rexistrado a morte de 10 vacas a causa da EHE.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Neste senso, cómpre sinalar que a EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp.

Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Polo tanto, existe un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao no existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, cómpre aclarar que esta doenza non afecta ás persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite…) destes animais.

Afectación ao gando

Así mesmo, cabe salientar que a EHE afecta especialmente a ruminantes silvestres, fundamentalmente cervos, tamén corzos ou gamos. No gando doméstico só o gando bovino resulta afectado coa aparición de síntomas nalgúns animais. O gando ovino pode tamén infectarse pero non aparece sintomatoloxía, mentres que o gando cabrún non é  sensible a esta enfermidade.

En canto aos estudos preliminares realizados en España, nas comunidades autónomas afectadas este ano por EHE presentan un dato de morbilidade media (número de animais que presentan síntomas respecto ao total do rabaño) do 7,53% e unha mortalidade media nos animais afectados inferior ao 1% (0,51%).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No gando vacún pode presentarse clínica moderada, con febre, perda de apetito, edema facial, secreción ocular e/ou nasal, salivación, dificultade respiratoria, eritema ou descamación en boca e nariz, coxeira ou eritema do ubre, síntomas que normalmente desaparecen en aproximadamente dúas semanas. En canto ao gando ovino e cabrún, non hai constancia de enfermidade clínica nos animais.

Ademais, cómpre sinalar que non existe vacina nin tratamento curativo específico fronte ao virus da EHE. Por iso, as medidas preventivas posibles a tomar respecto a esta enfermidade van encamiñadas a evitar o contacto dos animais co mosquito vector, en concreto:

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
  • Evitar a existencia de posibles zonas de cría do mosquito transmisor nas explotacións, fundamentalmente zonas con materia orgánica húmida ou lama, zonas de elección para a cría para estes mosquitos.

  • Utilizar preventivamente desinsectantes ou repelentes nas instalacións, nos medios de transporte ou nos animais, nos casos que se considere oportuno.

  • No caso de detectar animais con sintomatoloxía compatible coa enfermidade, tanto bovinos como cérvidos silvestres, debe comunicarse esta circunstancia de xeito inmediato aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page