top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta convoca axudas para instalar valados fixos e contratar persoas coidadoras de gando para previr os ataques do lobo

Laura Moure/Xeral

A Xunta destina preto de 1 millón de euros a dúas liñas de axudas para previr os ataques do lobo ao sector gandeiro, tal e como publicou onte o Diario Oficial de Galicia (DOG). Nese senso, as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia, poderán solicitar axudas para a instalación de valados fixos por un importe de 400.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir de hoxe, martes, 24 de decembro, e o importe máximo da axuda será de 3,5 euros por metro lineal ata un máximo de 1.750 euros por valado fixo electrificado. No caso dos valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica, o importe máximo será de 4,5 euros por metro lineal ata un máximo de 4.500 euros.

Publicidade  

O DOG tamén publicou onte a convocatoria de subvencións, por un importe de preto de 570.000 euros, para axudar ao sector gandeiro en extensivo na contratación de persoal para desenvolver tarefas de pastoreo e manexo de reses co fin de protexer, na medida do posible, aqueles rabaños máis sensibles e susceptibles de sufrir un maior risco de predación.


Poderán beneficiarse desta iniciativa os titulares de explotacións de gando bovino, ovino, cabrún e equino, que figuren inscritas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia (REGA), que terán un mes de prazo para presentar as solicitudes, contado a partir de mañá, martes, 24 de decembro.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A contía da axudas poderá acadar o 100% dos gastos subvencionables cun importe máximo de 18.000 euros por persoa beneficiaria. Sen superar a porcentaxe anterior, a axuda máxima será de 1.500 euros por persoa e mes de pastoreo a xornada completa.  No caso dunha duración inferior a un mes ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de forma proporcional á duración do contrato e á dedicación, un límite de 9 euros por hora traballada.


A concesión das axudas realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo con criterios de valoración como o tipo de gando, a existencia na explotación de cans protectores e defensores, a constancia de danos ocasionados polo lobo, o número de cabezas afectadas ou a superficie declarada na PAC no ano 2024.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page