A Xunta concede o I Obradoiro de Emprego Terras de Camba I a Rodeiro, Agolada e Dozón
- Laura Moure
- 17 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Contará cun máximo de 20 alumnos distribuidos en dúas especialidades: albanelería e forestal
Laura Moure/Deza
No pasado mes de marzo, o Concello de Rodeiro xunto cos concellos de Dozón e
Agolada solicitaron un obradoiro de emprego dual que leva por nome “Terras de Camba I”, o cal foi aprobado pola Xunta de Galicia neste mes, tal e como informa o alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas.

Polo tanto, estes tres concellos recibirán un importe de 411.928,00 euros para o
financiamento dos custos de formación profesional para o emprego, é dicir, para a a
realización do proxecto do obradoiro dual de emprego.
Este obradoiro contará cun máximo de 20 alumnos/as, traballadores/as, distribuidos en
dúas especialidades como son 10 prazas de albanelería e outras 10 para forestal. Dito proxecto, denominado “Terras de Camba I” terá como data prevista de inicio o día 2 de decembro do corrente, e como data final o día 1 de setembro do vindeiro ano cun total de 1.440 horas, tanto para formación como para a práctica. Dende estes tres concellos valoran de xeito positivo a formación do alumnado para súa volta ao mercado laboral e a partires do mes de outubro comezarán coa selección do alumnado.
Publicidade
Camiñas así como o goberno municipal quere mostrar o seu agradecemento e afecto aos dous concellos participantes neste proxecto por tender a man e pola confianza depositada neste concello para poder liderar dita iniciativa.
Commenti