top of page

A Xunta celebra en Melide o Día mundial do emprendemento poñendo en valor a rede de Polos

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron nunha xornada organizada no Polo de Melide con motivo desta data


Laura Moure/Melide

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron onte na xornada de celebración con motivo do Día Mundial do Emprendemento organizado no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide. O obxectivo desta cita é visibilizar o ecosistema de emprendemento galego —no que a Rede de polos xoga un papel fundamental— e poñer en valor experiencias e proxectos reais para reflexionar, dialogar e compartir aprendizaxes clave neste proceso.

Nas súas intervencións, tanto Pablo Fernández como Marta Mariño, fixeron fincapé no esforzo prioritario do Goberno galego a prol do emprendemento, ao que se destinan máis de 32 millóns de euros neste exercicio, con especial foco naquel que ten pegada directa no territorio e nas contornas onde se asenta. Neste senso, aplaudiron o labor da Rede de polos que, desde a súa creación no ano 2022, conta con 15 oficinas distribuídas por toda a Comunidade e presta, de forma gratuíta, asesoramento individualizado tanto a quen desexa emprender na Comunidade como a quen xa o fixo e quere consolidarse, cunha cifra na actualidade de máis de 3.700 proxectos asesorados. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, lembraron outras iniciativas como o proxecto Fixar, aposta pioneira impulsada pola Xunta para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural e que, con 60 participantes na primeira edición, busca consolidar unha rede de sinerxías para os emprendedores, ofrecéndolles orientación e formación en áreas como a xestión de proxectos, estratexias de emprendemento e networking e ferramentas para desenvolver os seus negocios e iniciativas desde a contorna rural.


Galicia, Rexión Emprendedora Europea 2025

As políticas de apoio ao emprendemento impulsadas pola Xunta levaron a Galicia a recibir o galardón europeo como Rexión Emprendedora Europea 2025, un recoñecemento ao esforzo continuado para desenvolver o potencial das catro provincias galegas con diversidade de actividades empresariais que aproveitan os recursos existentes e contribúan a fixar poboación e a dinamizar o territorio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Entre as medidas que o fixeron posible tamén destaca o impulso do Mapa do emprendemento virtual, que integrará todos os axentes, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia, ou a publicación de microguías informativas para poñer en marcha e xestionar un negocio.



Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page