top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Volta Ciclista Galega 'O Gran Camiño' pasará por Palas de Rei o 23 de febreiro

Laura Moure/Palas de Rei

O vindeiro 23 de febreiro Palas de Rei formará parte do itinerario da segunda etapa da volta ciclista profesional “O Gran Camiño”. A competición, que se desenrola dende o 22 ao 25 de febreiro, tocando diferentes paraxes da xeografía galega, de feito, cada unha das catro provincias galegas será a protagonista dunha das catro etapas que comprende este proxecto deportivo. Conta cun percorrido moi atractivo tanto pa corredores como para espectadores, onde se vivirán grandes momentos de loita, estratexia e deportividade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Gran Camiño divídese en catro etapas, así temos que:

-1º etapa o día 22 de febreiro, Camiño da Coruña (Torre de Hércules-Torre de Hércules) de 14,8 km.

-2º etapa o día 23 de febreiro, Camiño de Lugo; Camiño de Inverno (Taboada- Chantada) de 151, 1 km. Será a etapa que pase por Palas de Rei de 13:44 a 14:06 horas pola nacional 547 dirección Guntín.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

-3º etapa o día 24 de febreiro, Camiño de Ourense; Camiño Vía da Prata (Xinzo da Limia- Castelo de Ribadavía) de 173, 1 km

-4º etapa o día 25 de febreiro, Camiño de Pontevedra; Camiño Portugués (Ponteareas- Tui) de 162,2 km.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“Estruturas World Tour e os mellores equipos Continental Pro e Continental conforman o pelotón de ciclistas da proba. Grandes protagonistas que asegurarán espectáculo en cada unha das etapas” tal e como confirman dende  EMESPORTS, empresa organizadora deste evento deportivo que conta ademais coa colaboración de diversas entidades, tanto privadas como públicas, entre as que figura a Xunta de Galicia e o Concello de Palas.


0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page