top of page

A veciñanza da praza de Outeiro gaña a quinta edición do Certame de decoración #SilledaFaiNadal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Na categoría colectiva tamén levaron premio a Veciñanza da Praza Mestre Mateo e a Asociación Sociocultural de Cortegada


Laura Moure/Silleda

A quinta edición do certame de decoración navideña #SilledaFaiNadal xa ten as creación gañadoras. O xurado reuniuse nas últimas horas para a posta en común e valoración das propostas deste certame, que reparte máis de 3.000 euros en premios, consistentes en vales para gastar no comercio e hostalería do municipio, despois de visitar e analizar os 17 traballos participantes.

Na categoría colectiva o primeiro premio (1.000€) é para a veciñanza da praza de Outeiro, que decorou dito emprazamento con distinto material de refugallo. Foi o traballo que acadou a maior puntuación tanto no voto popular (a través das redes sociais) como no voto do xurado.


O segundo (700 euros) recaeu na Veciñanza da Praza Mestre Mateo, que recrea unha estación de esquí. O terceiro premio (500 euros) é para a Asociación Socio Cultural de Cortegada, cunha orixinal recreación da casa do Grinch na carballeira de Camporrapado.

Nesta categoría outórgase mención especial ao Candy Shop ubicado no edificio número 9 da rúa Emilio Alonso Paz.


Publicidade  

Na individual, a proposta gañadora (500€) foi para Javier Mariño, veciño do lugar de O Campo, na parroquia de Vilar, pola decoración artesanal á entrada da vivenda. O segundo premio (300 euros) foi para Naiara Peña, que decorou un balcón na rúa Carballeira do Chousiño, e o terceiro (175 euros) para Carla Pérez, pola decoración do balcón na rúa Venezuela número 3.


Ao igual que en anos anteriores, o xurado tamén decidiu outorgar mención especial na categoría individual como mellor iluminación á vivenda de Américo Carballude, en O Barral número 10.


No xurado participaron membros dos colectivos Asociación Cultural Festas dos Callos, Asociación de Veciños de Lamela, e Asociación Cultural Vista Alegre, aos que dende o Concello se lles agradece a súa colaboración. Os premios entregaranse hoxe, venres, no salón de actos do Concello.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda agradécese a participación e implicación de todos as persoas e grupos participantes neste certame, que xurdiu en 2020 con distintos obxectivos. Así, ademais de dinamizar a participación activa da veciñanza e promover a creación de ambiente de Nadal, co certame - convocado polas concellerías de Cultura e de Promoción económica- tamén se pon en valor o uso de materiais de refugallo ou de segunda utilización, e se promove a interacción social. Ao mesmo tempo, tamén se dinamiza o comercio e a hostalería local, xa que todos os premios consisten en vales para consumir en establecementos silledenses.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page