A veciña de Dozón Tamara García sofre unha lesión no Campionato de España
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
Federico Losada queda subcampión de España M45
Ecos da Comarca/Dozón
Gran fin de semana en terras ibicencas no Campionato de España individual e por seleccións de Trailrunning onde o club Biosbardos contou con 3 integrantes na selección absoluta da Federación Galega de Atletismo. Entre eles a veciña de Dozón, Tamara García, que sufríu unha lesión.
FEDERICO LOSADA – PRATA NACIONAL
Controlando a carreira desde un principio, cun ritmo claro o noso atleta afrontaba os 28 km e máis de 1.600 metros de desnivel positivo con dous obxetivos: por un lado aportar o mellor tempo posible para a selección galega e polo outro desputar o podio de categoría. "Desde os primeiro quilómetro, Federico situouse no grupo perseguidor, moi numeroso, onde se atopaban os seus rivais directos, avanzando postos para situarse segundo na metade da carreira (km 12) e intentando dar caza ó líder de categoría. Maila recortar valiosos segundo finalmente entra como 2o M45 en meta", sinala o club.
Publicidade
Federico Losada e Marcos Pascual son os dous atletas masculinos que tomaron parte na cita e melloraron con creces o resultado colectivo, entrando no TOP10 de seleccións por primeira vez na historia.

TAMARA GARCÍA – DNF
"A nota “gris” da xornada foi a retirada por lesión de Tamara García (veciña de Dozón), que se tiña que retirar no km 15 de carreira despois dun percance entre unhas rochas que provocou unha escordadura severa. No momento da lesión Tamara estaba a subir postos na táboa clasificatoria e nese momento a selección feminina ocupaba o 8º posto por seleccións... Retirada e atendida polos sanitarios, non é grave e xa se está a recuperar", indica o club.
Publicidade
"Unha vez máis, os nosos atletas rinden no máximo nivel así como foron partícipes dos mellores resultados da historia do trail galego nun campionato de España", subliña o club.
Comments