Ecos da Comarca/Deza
Esta fin de semana os deportistas do CD Biosbardo estiveron repartidos ao longo de diversas probas da xeografía galega e acadaron moi bos resultados, entre eles os veciños das comarcas Tamara García (Dozón) e Emilio Montilla (Vila de Cruces) que quedaron campións.
Estes son todos os resultados:
II TRAIL COSTA DA MORTE
No tramo da “Ruta dos Faros” que pertence ó concello de Malpica, desde Punta Nariga, realizouse esta proba, oficial do ranking galego da FGA, constando dun total de 29 quilómetros e 1.100 metros de ascenso na mañá do sábado 20 de xullo.
TAMARA GARCÍA – CAMPIOA ABSOLUTA
Gran carreira da veciña de Dozón Tamara García, controlando desde o principio a intensidade da proba, cunha colocación prudente nos primeiros quilómetros facilitando subir o ritmo no treito final e así facerse coa vitoria incontestable nesta proba. Este resultado afianza a Tamara no ranking galego, subindo un posto na xeral e colocándose como a No4 de Galicia.
MARCOS PASCUAL – SUBCAMPIÓN ABSOLUTO
Boa carreira de Marcos Pascual, que afianza o seu posicionamento dentro dos mellores de Galicia. Tras perderse no primeiro bucle por falta de sinalización o noso deportista tivo que manterse constantemente detrás doutro corredor, neste caso detrás do gañador, Rubén Gómez, coñecedor de gran parte do percorrido.
EMILIO MONTILLA – CAMPIÓN MASTER B
Gran carreira do cruceño Emilio Montilla, entrando como 5º na xeral co seu compañeiro de equipo, Iván, afianzando a súa preparación de cara ás seguintes citas.
Publicidade
IVÁN SANGIAO – BRONCE MASTER A
"Carreira controlada do noso corredor, que retoma a súa actividade competitiva chegando a meta a moi poucos segundos do podio absoluto e acompañado do seu compañeiro. Desde esta entidade vemos inaceptable que unha proba oficial dentro do calendario federado se desenvolva sen os mínimos regulamentarios, carente de marcaxe mínima tal e como obriga o regulamento, e por tanto de seguridade para os corredores/as. O feito de non estar balizada condicionou a carreira a tal extremo que o subcampión, Marcos Pascual tivo que manterse detrás de outro corredor por medo a perderse. A carencia de indicacións, a falta de seguridade e outras eivas no propio evento foron a gran nota negativa no que tería que ser un gran evento deportivo", lamenta o clube.
10K VILA DE MORAÑA – “CARREIRA DO CARNEIRO Ó ESPETO”
Na vila Pontevedresa de Moraña, como preludio da festa do carneiro ó espeto tivo lugar este domingo 21 esta cita tradicional dentro do calendario galego.
Publicidade
ENARA FERNÁNDEZ – SUBCAMPIOA MASTER
"Carreira moi intelixente da nosa corredora que volta a unha proba oficial de ruta despois de meses enfocada na especialidade de trail running. Cunha boa xestión de carreira, a de Caldas subíu o ritmo nos úlimos quilómetros para facerse coa segunda praza de categoría".
IVÁN SANGIAO – BRONCE MASTER
Segunda carreira desta atleta durante esta fin de semana, facéndose cun bronce de categoría Master A. Maikel Diéguez triunfou en Pitmotard adulto190 e Hugo Diéguez, en Supermotard 250 que acadan os primeros postos das súas categorías.
Comments