O Concello súmase ás felicitacións e faille entrega dun ramo de rosas
Laura Moure/Agolada
O Concello de Agolada tamén se alegra de poder felicitar un ano máis a Nieves Negro Barrio, unha das veciñas con máis anos do municipio. O pasado luns, 1 de novembro, estivo de aniversario e desta volta puido volver a celebrar este día tan especial rodeada dos seus seres queridos, algo que non puidera facer o pasado debido á pandemia.
Este mércores o alcalde de Agolada, Luis Calvo, e o concelleiro de Obras, Pedro García,
desprazáronse ata a súa vivenda, no lugar da Penela, na parroquia de Esperante, para entregarlle un ramo de rosas de distintas cores. Ela alí estaba sentada nun sofá rezando o
Rosario, algo que fai habitualmente. Pola tardes, non perde de durmir a sesta tal como sinala o seu fillo Abel e de saúde atópase ben, sacando que ten algúns problemas de mobilidade e de oído. “Pero despois está ben e incluso, é ela a que manda en nós”, di entre risas o seu fillo.
Vive con seu fillo Abel e a súa nora Gloria e ten tres fillos, cinco netos e dous bisnetos.
Komentar