As 12 bandas e artistas desta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Fundación Paideia Galiza, actúan no Festival da Luz
Laura Moure/Boimorto
O Festival de la Luz, que arrancou onte en Boimorto, conta por segundo ano consecutivo cun escenario dedicado a amosar o novo talento musical galego da man de Sonemerxente, a aceleradora de proxectos musicais que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolve en colaboración coa Fundación Paideia Galiza. Por este espazo pasarán entre hoxe e o domingo as 12 bandas e artistas que participan na segunda xeira desta iniciativa, a través da que a Xunta de Galicia busca facilitar o despegue de carreiras musicais con especial potencial de proxección.
En concreto, o sábado tocarán Javier Lago, Verter GZ, Marián, French Riviera, Futuro Alcalde, Amoebo e Habló Pablo, mentres que o domingo será a quenda de Abril, Eris Mackenzie, Candela Liste, Filloas e Catuxa Salom.
Estes 12 proxectos súmanse ao amplo cartel do evento, que este ano reúne máis de 40 grupos entre os que se atopan Luz Casal, artífice do festival que se celebra cada agosto na súa parroquia natal, Mago de Oz, Elliot Murphy, Fillas de Cassandra ou Ortiga. O encontro volve contar co apoio da Xunta para esta nova edición, que ofrece ademais un amplo abano de actividades relacionadas coa gastronomía, a artesanía e a promoción de prácticas sostibles, entre outras.
Publicidade
Coas actuacións no Festival de la Luz, a segunda xeración de Sonemerxente encara a recta final da súa participación na aceleradora, no marco da que está a vivir unha experiencia de impulso e dinamización estruturada en dúas etapas. A primeira delas consistiu nunha serie de consultarías individualizadas e grupais co foco posto na proposta artística, produción, promoción, comercialización e modelo de negocio.
Agora atópanse xa na segunda fase, centrada na promoción e difusión dos proxectos a través da súa participación en circuítos, festivais e mercados profesionais, dentro e fóra de Galicia, ademais de nun evento final de presentación das propostas.
Máis información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-festival-da-luz-contar%C3%A1-cun-espazo-da-deputaci%C3%B3n-con-mercado-artesanal-e-gastron%C3%B3mico-zona-showco
Comments