top of page
Foto del escritorLaura Moure

A postal institucional do Nadal no Concello do Pino é obra dos alumnos Celia Gómez e Iago Alonso

A Aula da Escola Unitaria de Gonzar, Icía Tojo Mosquera e Zaira Alonso Tojo tamén resultaron premiados no XXII Concurso de Postais de Nadal


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino vén de dar a coñecer os gañadores do XXII Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa organizada pola Concellería de Cultura para promover a creatividade e as tradicións entre os máis pequenos da comunidade educativa. Este certame contou coa participación do alumnado do CPI Camiño de Santiago e da Escola Unitaria de Gonzar, estruturado en diferentes categorías.

A postal gañadora de Celia Gómez e Iago Alonso.

O deseño elaborado por Celia Gómez Botana e Iago Alonso Tojo, alumnos de 6º B de Primaria do CPI Camiño de Santiago, foi seleccionado como a postal institucional deste Nadal. Esta creación, que combina orixinalidade e espírito festivo, será utilizada polo Concello para felicitar as festas á veciñanza, representando a creatividade da nosa

comunidade educativa.


Ademais, no resto de categorías, os premios foron para:

  •  Educación Infantil: Aula da Escola Unitaria de Gonzar.

  • Educación Primaria 1º ciclo: Icía Tojo Mosquera, de 2º de Primaria.

  •  Educación Primaria 2º ciclo: Zaira Alonso Tojo, de 4º A de Primaria.

A categoría de Secundaria quedou deserta nesta edición.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O xurado estivo formado por Ana Vigo, animadora sociocultural, David Castiñeiras, animador deportivo, e a Educadora familiar Mª Cruz Toande.


Os galardóns entregaranse o 5 de xaneiro de 2025 no polideportivo de Reboredo, coincidindo coa chegada da Cabalgata dos Reis Magos. Cada gañador recibirá un lote de

libros e outros elementos educativos como recoñecemento ao seu talento e esforzo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page