top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A nova realidade da muller rural centra unha mesa redonda na EFA Piñeiral de Arzúa

Participaron a nosa xornalista Laura Moure, Sandra Aldrey (Borboriño Xeados), Verónica Mouriño (Brétema Comunicación) e Isolina Raña (Asociación de Empresarias Rurais)


Ecos da Comarca/Arzúa

O centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral (Arzúa) celebrou este martes a mesa redonda A nova realidade da muller rural como actividade conmmorativa do Día Internacional da Muller Rural. As protagonistas do encontro foron as experiencias de Sandra Aldrey (Borboriño Xeados), a nosa xornalista Laura Moure (do xornal dixital Ecos da Comarca), Verónica Mouriño (responsable da empresa de márketing Brétema Comunicación) e Isolina Raña (Asociación de Empresarias Rurais).

“Rurales por elección e convicción”, así se definiron as catro empresarias congregadas na Efa Piñeiral. Todas elas coincidiron en destacar que a pesar das melloras necesarias a nivel servizos, conciliación e incluso comunicacións a decisión de apostar por traballar no rural e aproveitar as oportunidades que este ofrece paga a pena. “Son moitos os sectores e as profesións que dende o rural se poden desempeñar; dende a transformación dos recursos, o mundo das comunicacións, do márketing, dos servizos á comunidade…e nos somos unha pequena mostra disto”.


Por outra parte, as ponentes resaltaron a importancia de crear e forxar redes asociativas que visibilicen as necesidades da vida no rural, pero tamén a sus potencialidades cara a fixación da poboación. “Aínda hai moitos estereotipos sobre vivir e traballar no rural... pero

hai incluso máis oportunidades”.


As actividade da Efa Piñeiral ó redor do Día Internacional da Muller Rural complétanse coa

tertulia a cargo de Áurea Camino, emprendedora ó frente da casa niño Brincadeira (Santiso) e de Ester Sánchez Barco, técnico auxiliar de enfermaría formada en Piñeiral e directora da Casa do Maior Lar da Balada en Santiso.


Publicidade

“Quixemos que esta ocasión permitise manifestar as problemáticas, pero sobro todo, as

oportunidades que o rural ten para o desenvolvemento profesional, en xeral, pero feminino

en particular” afirmou Raquel Carregal, directora do centro de formación profesional Efa

Piñeiral. “Desterrar o prexuizo de que só no agro e en determinados servizos ten cabida a

proxección laboral das mulleres rurais. Afortunadamente hoxe dende os nosos pobos e aldeas son moitas as mulleres que están desempeñando a súa vida laboral en múltiples sectores claves da nosa economía, e dende a Efa Piñeiral estamos plenamente comprometidos coa súa formación e visibilización”.


Dende ECOS DA COMARCA foi un pracer participar.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page