top of page

A intensa chuvia deixa varios asolagamentos na provincia de Lugo

Ecos da Comarca/Xeral

A intensa chuvia deixa varios alagamentos na provincia de Lugo e o concello máis afectado foi o da capital lucense.

Os efectos da alerta amarela por choivas, activa en Lugo e en parte da Coruña, non se fixeron esperar, contabilizándose máis de 50 incidencias relacionadas coa climatoloxía adversa na provincia de Lugo ata as 19:00 horas.


O municipio con máis avisos foi o propio concello lucense, con 43 intervencións, a maioría delas foi por alagamentos nas rúas, con 15, sendo 17 o total ao contabilizar o resto de concellos. Ningún outro municipio chegou a máis de 5 incidencias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os reportes por vivendas nas que estaba a entrar a auga acadaron as 10 na provincia, ao igual que os alagamentos en garaxes. A maior parte dos avisos viñeron de novo da capital, con 9 en ambos casos. As prevencións de risco, sobre todo por tapas de sumidoiros levantadas ou fóra do seu sitio, foron 5 na totalidade da provincia, mentres que as incidencias por inundacións en baixos comerciais chegaron a 3.


Cómpre destacar tamén un aviso en Vilalba por mor da forte sarabia que, segundo o particular que informou, impedía circular pola estrada.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page