top of page

A Garda Civil reforza a Seguridade no Camiño de Santiago coa incorporación de desfibriladores

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O acto de entrega do novo equipamento tivo lugar esta semana nun tramo do Camiño ao seu paso polo municipio do Pino



Laura Moure/O Pino

A Garda Civil mellora os seus medios para a atención aos peregrinos no Camiño de Santiago coa incorporación de cinco desfibriladores semiautomáticos (DESA) nas súas Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino, grazas ao apoio da Xunta de Galicia. O acto de entrega do novo equipamento tivo lugar esta semana nun tramo do Camiño ao seu paso polo municipio do Pino, coa participación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, o xeneral do Garda Civil da Zona de Galicia Miguel Ángel González Arias, O Director de Emerxencias e Interior, Subdirector Xeral de Planificación e Protección Civil e o Director da Axencia de Turismo de Galicia entre outros.

Este reforzo de medios, proporcionado pola Xunta de Galicia, forma parte do compromiso do Goberno autonómico por dotar aos efectivos de seguridade e emerxencias dos recursos necesarios para garantir unha resposta rápida e eficaz ante situacións de urxencia sanitaria. Grazas a estes dispositivos, os axentes da Garda Civil dispoñerán dunha ferramenta fundamental para actuar con inmediatez en casos de parada cardiorrespiratoria, reforzando así a seguridade dos miles de peregrinos que percorren cada ano os roteiros xacobeos.


O conselleiro destacou que esta entrega forma parte dun esforzo continuo da Xunta para mellorar os medios dispoñibles para a atención cidadá, lembrando que nos últimos anos o Goberno galego falicitou preto de 300 desfibriladores a agrupacións de Protección Civil.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, subliñou a importancia da formación na súa manexo, impartida pola Academia Galega de Seguridade Pública, para garantir unha resposta adecuada en situacións críticas.


O DESA é un dispositivo portátil de fácil uso que permite identificar e tratar unha parada cardiorrespiratoria mediante a aplicación dunha descarga controlada, restablecendo un ritmo cardíaco efectivo. A súa incorporación aos medios da Garda Civil, grazas ao apoio da Xunta de Galicia, supón un reforzo crave para a seguridade nos roteiros xacobeos, que contan cunha vixilancia permanente por parte das forzas de seguridade e un Plan de Protección Civil de Atención ao Peregrino, activado en períodos de máxima afluencia. Con esta medida, a Garda Civil, co respaldo da Xunta de Galicia, reitera o seu compromiso coa protección e seguridade dos peregrinos, consolidando o Camiño de Santiago como un roteiro seguro e preparado para atender calquera emerxencia



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page