top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil implanta o teléfono 060 para a solicitude de citas en Intervencións de Armas e Explosivos

O custo do servizo equivale ao do primeiro minuto dunha chamada nacional


Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil informa os cidadáns da posta en marcha dun novo sistema para a solicitude de citas previas relacionadas con trámites nas Intervencións de Armas e Explosivos (IAEs). A partir das seguintes datas, o teléfono 060 será o único número habilitado para este servizo:

• 25 de novembro de 2024: Comandancia da Coruña.

• 26 de novembro de 2024: Comandancias de Lugo, Ourense e Pontevedra.


Este cambio permitirá unificar e simplificar o proceso, mellorando a atención ao cidadán. O custo do servizo equivale ao do primeiro minuto dunha chamada nacional.

Guía para solicitar cita previa a través do 060:

1. Chamar ao 060 e dicir o trámite que desexa realizar (renovación de licenza de armas, revisión de armas, presentación de documentación etc.)/ etc.).

2. Indicar se desexa solicitar, consultar ou anular unha cita.

3. Facilitar o seu número de DNI ou NIE.

4. Proporcionar o seu código postal. Se o servizo está dispoñible na provincia, o sistema continuará cos pasos seguintes. De non ser así, redirixiráselle a solicitar a súa cita a través de internet na seguinte ligazón: https://ssweb.seap.minhap.es/icpplus/citar?org=GC

  1. Elixir a Intervención de Armas e Explosivos onde desexa realizar o trámite.

  2. Seleccionar o día e a hora dispoñibles que mellor lle conveñan.

  3. Facilitar un teléfono de contacto.

  4. Indicar o seu ano de nacemento.

  5. Anotar o identificador da cita.

  6. Se desexa recibir un SMS de confirmación, proporcione un número de móbil.


Publicidade

Para aqueles cidadáns que xa conten con citas previas asignadas mediante o antigo sistema, estas seguirán sendo válidas. A Garda Civil agradece a colaboración dos cidadáns na transición cara a este novo sistema, que busca ofrecer unha experiencia máis áxil e eficiente. Para máis información, pode contactar coa súa Intervención de Armas e Explosivos ou consultar a páxina web oficial da Garda Civil.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page