A Garda Civil detivo a tres homes de Arzúa e Ames responsables de varios roubos en Arzúa
- ecosdacomarca
- 29 nov 2023
- 2 Min. de lectura
O valor do subtraído superaba os 22.500 euros
Ecos da Comarca/Arzúa
A Garda Civil do Posto de Arzúa detivo a tres individuos de Ames e Arzúa, responsables de dous roubos con forza perpetrados en naves da localidade de Arzúa. Os feitos por mor das denuncias interpostas polos prexudicados os días 21 e 22 de novembro, resultando na subtracción de bens valuados en aproximadamente 22.500 euros.

Un dos roubos ocorreu nunha nave da localidade, onde os delincuentes subtraeron 3 motoserras, un taladro, unha amoladora, unha picadora, así como un maletín con numerosas ferramentas. Para acceder ao lugar, provocaron considerables danos rompendo un cadeado e dúas portas.
O segundo roubo tivo lugar noutra nave situada en Brandeso, pertencente a profesionais da pintura. Neste caso, os ladróns levaron diversos materiais de construción e pintura, dous equipos airless, unha turbina, unha hidrolimpadora, un deshumidificador industrial, dúas aspiradoras, dúas lixadoras, unha plataforma, unha escaleira, un tractor cortacésped, un remolque lixeiro e varios botes de pintura.
Publicidade
Para estes actos delituosos os agora detidos utilizaban un vehículo, que remolcaba un remolque de dous eixos para transportar os artigos subtraídos. O aviso crucial que levou á detención orixinouse cando os responsables da nave de pintura avistaron aos autores do roubo cun remolque, identificando o tractor cortacésped.
Alertaron ao COS (Centro Operativo de Servizos), que mobilizou á patrulla de servizo. Estes interceptaron o vehículo e o remolque, resultando na detención dun dos ocupantes. Posteriormente, os outros dous autores, que se deron á fuga e ocultáronse no monte próximo, foron detidos horas máis tarde.
Publicidade
En colaboración co equipo Roca Santiago, levou a cabo un rexistro no domicilio do detido de Arzúa, ao que accedeu de forma voluntaria e en presenza do avogado, onde se recuperaron máis efectos substraídos. A Unidade responsable logrou a recuperación de todos os efectos roubados, así como a incautación do vehículo e o remolque utilizados na perpetración dos delitos. Os tres detidos e as dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Xulgado nº1 de Instrución de Arzúa.
Comments