top of page

A Garda Civil denuncia a un camioneiro por circular a 168 Km/h

Ademais foi detido por unha orde xudicial pendente


Ecos da Comarca/Xeral

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Corcubión (Subsector de Tráfico da Coruña) denunciou a un condutor dun camión de 40 toneladas por circular a unha velocidade de 168 km/h na estrada CG-1.5 (Santiago-Noia), cuxo límite para este tipo de vehículos é de 90 km/h. Os feitos ocorreron sobre as 04:30 horas do pasado sábado, 12 de abril, no marco da campaña de vixilancia e control de velocidade da Dirección Xeral de Tráfico.

Os axentes observaron como o camión circulaba de forma temeraria, sen manter unha traxectoria estable e realizando perigosos vaivéns. Ante o evidente risco para a seguridade viaria, a patrulla detivo o vehículo, que transportaba produtos perecedoiros. A inspección do tacógrafo revelou que o camión circulara de forma mantida a 120 km/h, superando amplamente esa velocidade en varios momentos ata alcanzar o 168 km/h.


Cabe lembrar que os camións de máis de 3.500 kg de Masa Máxima Autorizada (MMA) están obrigados a levar un dispositivo limitador de velocidade que impide superar o 90 km/h.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O condutor foi denunciado por un delito de condución temeraria, que conleva a perda de 6 puntos do carné de conducir. Ademais, imputáronselle infraccións polo mal funcionamento do limitador de velocidade, carecer de autorización para o transporte público e diversas infraccións relativas ao incumprimento dos tempos de condución e descanso obrigatorios.


Durante a identificación do condutor, os axentes comprobaron que lle constaba unha orde xudicial de busca e captura. A orde procedía dun Xulgado de Gijón por un delito de danos. Por este motivo, procedeuse á súa detención e traslado aos calabozos da Garda Civil de Boiro, onde permaneceu á espera da súa posta ao dispor xudicial.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Garda Civil subliña que a velocidade excesiva é unha das principais causas de accidentes de tráfico. Neste caso, conducir un camión de 40 toneladas cargado a 168 km/h constitúe unha infracción temeraria sen precedentes na provincia da Coruña, que afortunadamente non ocasionou danos persoais.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page