top of page

A Festa dos Callos de Ansemil Martixe cumpre 10 anos o vindeiro sábado 26 de abril

A cita gastronómica silledense volverá completarse coa Foliada da Pereiriña, na que o grupo Os Melidaos encabeza o cartaz desta edición especial


Laura Moure/Silleda

O sabor dos callos e a música tradicional volverán o vindeiro sábado día 26 de abril a parroquia silledense de Ansemil Martixe. A Festa dos Callos e a Foliada da Pereiriña celebran a súa primeira década de vida, consolidadas xa no calendario festivo do municipio de Silleda. Os membros da Asociación Cultural Festa dos Callos e da agrupación musical Gaiteiros da Pereiriña presentaron este venres no Centro Social da localidade esta nova edición nun acto ao que asistiron varios membros do goberno municipal, encabezados pola a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entidade que patrocina o concerto de Os Melidaos, recoñecido grupo de música tradicional de Melide que pechará esta edición especial da Foliada en Ansemil-Martixe.

O grupo, con máis de 20 anos de traxectoria, é un dos referentes na combinación de gaita e voz da música tradicional galega. Para a celebración da cita haberá carpa pechada e aparcadoiro gratuito.


O menú estará composto por empanada, callos, pan, viño, postre e café. O prezo é de 20 euros (para nenos/as ata 12 anos custa 10 euros). As entradas para asistir poden mercarse en Martixe (Taberna de Isabel de Ubaldo); O Castro (Bar Sanse); en Silleda (no Bodegón de Esther) e tamén na Bandeira (Bar Arume, A Taberna do Músico e Mercamella). As persoas interesadas en facer reservas ou recibir máis información poden chamar aos números de teléfono 626 913 655- 615 958 969.O prazo para reservar entradas remata o vindeiro 24 de abril.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A cita comezará con música arredor das 13:00 horas, a cargo do Grupo de Acordeóns da Escola de Música Municipal de Silleda, o Grupo de Gaitas tamén da EMUSI e Xirandola e continuará ata a noitiña. Na Foliada, a partir das 17:00 horas actuarán o grupo anfitrión –os gaiteiros da Pereiriña- ; Pau de Buxo, de Saídres, e como plato forte chegará a actuación de Os Melidaos. A xornada rematará coa actuación do Dúo Punto Cero.


“Quixemos facer da xornada un punto de encontro para os veciños da zona e ao mesmo tempo ampliar a oferta gastronómica do municipio”, engaden dende a organización, que agradecen o apoio tanto do Concello de Silleda e da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Pontevedra como das distintas empresas e firmas colaboradoras. Os membros da asociación teñen previsto preparar o seu afamado prato con 130 quilos de carne (100 quilos de pata, 10 quilos de ventre, 10 de panceta e outros 10 de chourizo) e preto de 80 quilos de garavanzos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda a alcaldesa felicitou ao colectivo organizador “por acadar en pouco tempo con traballo e esforzo un grande éxito ademais de “consolidar definitivamente o sabor dos callos no amplo abano de festas gastronómicas do noso municipio” e destacou, ao igual que Valentín García “o esforzo da entidade organizadora por manter durante unha década xa unha festa que combina á perfección a tradición cultural coa dos fogóns".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page