A Feira de Oportunidades de Monterroso vaise celebrar tamén o sábado 19
- ecosdacomarca
- hace 22 horas
- 1 Min. de lectura
O sorteo dos vales farase o luns 21 de abril
Ecos da Comarca/Monterroso
Monterroso acolleu o 11 e 12 de abril unha nova edición da Feira de Oportunidades. Pero como o tempo non acompañou, decidiuse que tamén se vai celebrar o vindeiro sábado, día 19.

O Concello de Monterroso fará un sorteo de 480 euros repartidos en vales de compra nos negocios participantes por importe de 30 euros cada un.
Publicidade
O sorteo realizarase o 21 de abril ás 10:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido polas redes sociais oficiais do Concello de Monterroso.
Publicidade
Os establecementos participantes nesta cita son:
MARISA FLORISTERÍA
DIVINA FLORISTERÍA
LUCÍA AROMAS
MERCERÍA CASA GASEOSAS
MARTON SPORT
CRIS ABAD
CALZADOS MONTERROSO
MODA TRISCOS
OTERO MODA
MODAS RAMOS
Comments