A faceta do técnico auxiliar de enfermaría centrou a Semana da Saúde na EFA Piñeiral de Arzúa
- Laura Moure
- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
O centro de formación profesional acolleu ao longo desta semana un programa de actividades coa saúde como protagonista
Laura Moure/Arzúa
O centro de formación profesional e promoción rural EFA Piñeiral (Arzúa) desenvolveu esta semana actividades con diversos profesionais focalizando no coidado e promoción da saúde e no importante papel que o técnico auxiliar de enfermaría (TCAE) desempeña ó
respeto. Baixo o lema O TCAE como profesional multidisciplinar estanse dando cita na EFA Piñeiral obradoiros e sesións a cargo de diferentes perfís do sector.

O luns tivo lugar un taller coa Asociación Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de saúde para cidadáns cuxo obxetivo é capacitar ao persoal sanitario ou responsable da atención e coidado no fogar de persoas con dano cerebral para a súa atención específica. Esta actividade achegou a problemática asociada ó dano cerebral adquirido, facendo fincapé nos problemas relacionados coa deglución e á aproximación terapéutica máis axeitada dende o eido dos coidados relacionados coa alimentación e a hixiene bucodental.
O martes 8 abril desenvolveuse o obradoiro de impresions dentais e vaciado con Sofía
Sánchez Saavedra, odontóloga, hixienista e prótesico da Clínica Dental Pardelles. A doctora tamén impartiu unha formación sobre manexo de escaneo intraoral.
Publicidade
Wailo, un labrador negro, e Mónica Guerrero, educadora social, protagonizaron a actividade do mércores; sesión de terapia asistida con animais na que participaron e colaboraron usuarios de AMARAI (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide). CanVivencias, a iniciativa de Mónica, traballa con nenos e maiores con discapacidade cognitiva axundando a promover a súa autonomía e mellora da calidade de vida.
O xoves tivo lugar a sesión de manexo do estrés e ansiedade no día a día en situacións
cotidiáns impartida por Adriana Rodríguez, psicóloga á fronte do Gabinete Namente (Santiago de Compostela).
Publicidade
Para rematar esta semana de conmemoración da saúde o alumnado do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría da EFA Piñeiral desprazáronse ata Lugo ó Grupo Salutrans. Juan, técnico de emerxencias liderou un taller sobre primeiros auxilios cun enfoque a persoal sanitario. Rematada a actividade, o alumnado visitou as instalación e os diferentes tipos de ambulancias existentes, coñecendo a funcionalidade e equipamento de cada unha delas.
“Nesta nova edición da nosa semana da saúde quixemos resaltar o papel do TCAE como profesional cunha formación multidisciplinar e desempeño polivalente; dende a necesidade de capacitarse en múltiples e variados aspectos relacionados co ámbito asistencial e de coidados propiamente ditos, ata a importancia da terapia cognitiva como apoio ás actividades ordinarias, a necesidade de xestionar correctamente a carga de traballo e a saúde mental así como o rol do persoal sanitario en situacións de emerxencia", indicou Raquel Carregal, directora da EFA Piñeiral.
Comments