top of page
Foto del escritorLaura Moure

A doma clásica volve a Equina Galicia 2024 en Silleda con tres importantes competicións

Aínda que as inscricións aínda están abertas ata o vindeiro xoves, os binomios (cabalo e xinete ou amazona) confirmados xa superan os do ano pasado, cando alcanzaran os 58


Laura Moure/Silleda

Equina Galicia 2024, que terá lugar do 26 ao 28 de xullo na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, contará de novo no seu programa con tres relevantes competicións de doma clásica, as cales volveron a superarse en número de participantes. Así, aínda que as inscricións para estas probas aínda están abertas ata o vindeiro xoves, os binomios (cabalo e xinete ou amazona) confirmados xa superan os do ano pasado, cando alcanzaran os 58. Unha cifra récord que se sitúa en 60 participantes de distintos puntos de España e que supuxo novamente que se reforzaran os equipos de traballo e se acondicionaran dúas pistas para o seu desenvolvemento.

Estas competicións de doma clásica incluirán o VI Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, no que poden participar todas as razas de cabalos de deporte europeos e que se rexerá polos criterios da Real Federación Hípica Española, incluíndo desde categoría infantil ata olímpica. O Trofeo, que conta co apoio da Consellería do

Medio Rural da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a creación de pequenas

explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio

rural e supoñan un complemento económico, contribuíndo a frear o despoboamento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Súmanse a este Trofeo outras dúas competicións de doma clásica, a XXVI Copa Accega e o Territorial, sendo este último clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica. Coa celebración destas tres probas no mesmo evento o 27 de xullo, Equina volverá converterse na cita máis completa desta disciplina.


Concursos de gran relevancia e outras propostas

Equina Galicia, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) e cuxa entrada será gratuíta, terá como eixo central o X Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, proba morfofuncional que se celebrará durante todo o evento. Así mesmo, esta cita ecuestre acollerá outras dúas destacadas competicións que se sumarán ás de doma clásica, as cales serán unha proba clasificatoria para o Campionato Galego de Enganches o 28 de xullo e probas

puntuables para o Campionato de España de Equitación de Traballo o día 27.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Sumaranse nesta edición dúas interesantes conferencias, un espectáculo ecuestre e

bautismo hípicos para os máis pequenos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page