top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación promocionará produtos autóctonos, artesanais e ecolóxicos no Festival da Luz

O Mercado do ente provincial volverá a achegar ao público do 25 ao 27 os produtos tradicionais e artesanais de 35 empresas e entidades provincia da Coruña neste evento de Boimorto


Laura Moure/Boimorto

Un ano máis, a Deputación da Coruña promociona os produtos artesanais e ecolóxicos da provincia no Festival de La Luz, que se celebrará en Boimorto de 25 ao 27 de agosto. Un total de 35 empresas e asociacións coruñesas do ámbito da artesanía, a ecoloxía, a creación artística ou a innovación compartirán os stands instalados pola Deputación no Mercado da Luz, unha área de 500 metros cadrados ubicada no recinto do evento, onde se realizarán exposicións, presentacións e degustacións dos seus produtos.

Como en anteriores edicións, a Deputación da Coruña reservará tamén un stand propio para promocionar a provincia como destino turístico entre as miles de persoas que cada ano asisten ao festival.


O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, lembrou que "ademais de terse consolidado como un evento cultural e solidario de referencia, o Festival de La Luz é un excelente escaparate para mostrar o enorme potencial do rural coruñés no ámbito da artesanía, a creatividade e a innovación".


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Prodtos agroalimentarios e de agricultura ecolóxica, doces e conservas artesanais, olería, cestería e artesanía en pel e madeira, ourives e deseñadores de prendas textís de carácter artesanal son algunhas das actividades que terán presenza neste atractivo Mercado da Luz, que complementa a ampla oferta cultural e lúdica deste evento durante a última fin de semana de afgosto


Carmela Mola, A Castrexa, Silvereira, Comeluz, O Carabel Ecocestos, Vacatola, Orixes Artesáns, Creativas Galegas, Ferraxa de Prata Rodrigo Riveiro, Comeluz, Haciendo el Galgo, Fento do Vento, Panderetas de Regos, Arlequina, Casadelisa, Cabanas Rural e Rocigarcia son algunhas das empresas e entidades que participarán este ano no Mercado da Deputación no Festival de La Luz.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A listaxe completa pode consultarse no BOP do mércores, 9 de agosto:

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page