top of page

A Deputación leva ata Silleda o circuíto +Escénicas con “Wombo Combo” de Galeatro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A peza teatral, para público escolar, poderá verse o venres 14 de marzo ás 12:30 horas no Auditorio Semana Verde


Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra leva o próximo 14 de marzo o teatro ao Concello de Silleda cunha actividade enmarcada no circuíto +Escénicas, co que a institución provincial apoia a programación de espectáculos de artes escénicas nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia, e cuxa segunda edición acaba de ser convocada cun orzamento de 195.000 euros fronte aos 150.000 euros da primeira. Esta función correspóndese á programación do primeiro circuíto, que completará a súa andaina este mes de marzo tras percorrer 49 concellos.

foto

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En Silleda representarase ás 12:30 horas no Auditorio Semana Verde, “Wombo Combo” de Galeatro, dirixida ao público escolar a partir de 5 anos. Trátase dunha obra que reflexiona sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto, que foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2023.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello corresponderalle no segundo ciclo do circuíto unha achega máxima de 3.800 euros para financiar ata cinco espectáculos, incluídos nun amplo catálogo de danza e teatro posto á súa disposición (e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra).

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page