top of page

A Deputación destina 131.000 € para a mellora integral do pavillón municipal de deportes da Bandeira

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou as instalacións, onde se van investir recursos provinciais do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para atender a demanda do goberno local


Laura Moure/Silleda

A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou xunto coa alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o pavillón municipal de deportes da Bandeira onde anunciou que a Deputación aprobará na Xunta de Goberno este venres unha inxección económica de 131.000 euros para a súa mellora integral. Farao a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de oito millóns de euros (o dobre que na súa primeira edición) cos que a institución provincial está a transformar e modernizar os equipamentos deportivos da provincia. De feito, ao abeiro deste plan, Silleda recibirá este ano un 112% máis de recursos que na anterior edición, cando se beneficiou de 64.000 euros para a instalación dun skatepark e unha pista multideportiva.

Belén Cachafeiro deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, cos que se actuará nun espazo clave para a práctica deportiva, mellorando as condicións actuais do campo de xogo así como habilitando novos espazos. Renovarase a cancha cun solo antideslizante, ideal para modalidades como baloncesto, fútbol sala ou patinaxe, e reacondicionarase a zona dos antigos aseos e vestiarios (actualmente en desuso) para convertelos nunha sala de usos múltiples para actividades como ioga, pilates ou baile.


Tamén haberá actuacións de mantemento, mellorarase a accesibilidade ao recinto cunha soleira de formigón na entrada principal, substituiranse as bancadas e a rede de protección, mellorarase a iluminación con lámpadas LED de baixo consumo e procederase ao pintado do peche lateral e á reparación de fendas e o repintado dos paramentos que definen o zócalo e elementos metálicos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"O municipalismo e o deporte son dúas das nosas prioridades, e esta actuación é unha boa mostra diso", asegurou Belén Cachafeiro, que lembrou que "desde a Deputación estamos facendo un grande esforzo económico xa que a dotación e o mantemento das instalacións deportivas son moi custosos, de aí que puxéramos en marcha programas como o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas". A deputada provincial lembrou que "este ano temos máis recursos que nunca para o deporte que responden a un modelo claro para o noso territorio: queremos converter Pontevedra na provincia do deporte e no grande estadio deportivo do mundo".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page